A ABE PARTICIPA NA MAIOR INICIATIVA EN MATERIA DE SOSTIBILIDADE LEVADA A CABO EN TERRITORIO ESPAÑOL DA MAN DO PACTO MUNDIAL DE NACIÓNS UNIDAS.
A iniciativa ten dobre obxectivo, coñecer como traballan as empresas o desarrollo sostible e comprender como os compromisos que contén a estratexia de desarrollo sostible 2030 se poden potenciar e materializar e involucrar ao sector privado na toma de decisións.
Cos datos aportados, a ABE contribúe a elaboración do maior estudo na materia realizado en España.
Boiro 21 de abril de 2022
O Pacto Mundial de Nacións Unidas lanzou un chamamento a tódalas empresas a participar dun exercicio que ten un dobre obxectivo, dunha banda coñecer como traballan as empresas i entidades o desarrollo sostible e analizar a súa evolución respecto de anos anteriores e por outra comprender como os compromisos que contén a estratexia de desarrollo sostible 2030 se poden potenciar e materializar e involucrar ao sector privado na toma de decisións.
A ABE xa realizou a súa aportación remitindo un completo informe das actuacións que realiza na materia ademais de completar un detallado cuestionario aportando a súa visión sobre temas de sostibilidade e de estratexia 2030.
Como indica o presidente, Daniel García “cos datos aportados pola nosa entidade contribuímos a elaboración do maior estudo na materia realizado en España o que supón un orgullo para a ABE e nos consolida como unha das entidades empresarias mais representativas do territorio”
Entrando en materia o xerente da ABE, Tomás Estévez explica que “dos 17 principios do ODS a ABE desarrolla actividades ou presta servizos relacionados con 9 delas, dende a promoción da industrialización e o crecemento económico sostible e inclusivo ata a promoción do consumo sostible a reciclaxe e a reutilización de materiais en liña cos procesos de economía circular, procesos ODS 8 e 12 respectivamente”
García insiste na idea principal do proxecto indicando que “as empresas son protagonistas imprescindibles para lograr un modelo produtivo, social e ambiental próspero para as persoas, o planeta e a economía e a ABE non pode ser allea a elo, por iso participamos activamente desta iniciativa”
* O Pacto Mundial de Nacións Unidas é a iniciativa da ONU que lidera a sostibilidade empresarial no mundo, trátase dun chamamento as empresas e organizacións a que alineen as súas estratexias e operacións con Dez Principios universais sobre dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción. Conta co mandato da ONU para promover os Obxectivos de Desarrollo Sostible (ODS) no sector empresarial.
A iniciativa conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais no mundo, entre as que se atopa a española que é unha das primeiras plataformas nacionais do Pacto Mundial e a rede local con maior número de entidades adheridas.